Mantemento Sistemas Contra Incendio

O mantemento preventivo dos Sistemas de Protección Contra Incendios debe cumprir o establecido no Regulamento de instalacións de Proteccións Contra Incendios (R.I.P.C.I.) aprobado polo RD 1942/1993 de 5 de Novembro e na Orde do 16 de Abril de 1998. O artigo 13 de dito regulamento estipula que o mantemento de equipos e sistemas empregados na protección contra incendios debe ser realizado por mantedores autorizados.

TECVIPRO como empresa Mantedora de Sistemas de Protección contra Incendios ofrece as máximas garantías no mantemento integral de instalacións, abarcando calquera tipo de sistema, dende un simple extintor ata a instalación máis complexa con varios sistemas combinados.

Contamos ademais cos útiles e ferramentas necesarios para levar a cabo un mantemento eficaz de instalacións, e sempre en contacto permanente co cliente para proporcionarlle información sobre o estado da súa instalación.