Conexión a C.R.A.

Cando o seu Sistema de Seguridade está conectado a un servizo de Central Receptora de Alarmas todo un equipo humano e tecnolóxico se pon ó seu servizo as 24 horas os 365 días do ano co único obxectivo de garantir a súa tranquilidade.

A Central Receptora de Alarmas é o lugar ó que chegan tódolos sinais que envían os Sistemas de Seguridade. Desde aquí procésanse e execútanse tódalas intervencións que haxa que realizar, ademais de informar ó organismo pertinente en cada materia (Corpos e Forzas de Seguridade, bombeiros, asistencia sanitaria, etc.). Esta Central atópase nunhas instalacións blindadas, con acceso restrinxido, cristais antibala, medidas electrónicas de seguridade, sistema de circuito cerrado de televisión, etc…

Entre os servizos que nos ofrece a C.R.A. podemos destacar:

  • Recepción de Sinais de Alarma vía Telefónica, GSM, GPRS ou IP.
  • Test de supervisión de liñas de comunicación, fallos de corrente, baixa batería, etc…
  • Recepción de Imaxes (Televixilancia).
  • Xestión e mantemento bidireccional de sistemas.
  • Control de Aperturas e Peches.